Que oportunidades teño como voluntario do PMI?

Unha das opcións máis interesantes para os novos directores de proxecto é a de apuntarnos a calquera das múltiples opcións de voluntariado que ofrece o PMI. Deste modo, poderemos coller experiencia, coñecer a outros profesionais na nosa mesma situación e conseguir os ansiados PDU’s.

Para todo elo, temos moi diversas opcións que pasamos a presentarvos.

A alta escala, o PMI está dirixido polo Board of Directors, un grupo de 15 membros volunarios que prestan os seus servizos durante 3 anos. Estes marcan tanto as liñas mestras do instituto, así como executan as estratexias marcadas. 

Por debaixo deles atópanse os Board Support Comitees, os cales están divididos por temática ou obxectivos (como son as áreas de voluntariado, certificacións, ética ou acreditacións) e teñen como misión o apoio ao traballo do board.

Como sabemos, a educación é un dos piares básicos do PMI, polo que existe un órgano específico encargado desta área, a Educational Foundation (PMIEF). Esta fundación ofrece numerosas oportunidades de voluntariado que proporcionan unha formación moi valiosa aos participantes mentres colaboran na difusión de proxectos que promoven a mellora económica e social por medio do desenvolvemento e posta en práctica do coñecemento en xestión de proxectos.

Se un ollo do PMI está posto na formación e especialización profesional, o outro estao na práctica profesional. Por esta razón, outro grupo importante de voluntarios está adicado á consultoría a empresas por medio dos Insight Teams. Estes grupos están enfocados a apoiar aos clientes en calquera reto que lles propoñan.

Por outro lado, a nivel xeográfico, existen as figuras dos Region Mentors, un grupo de 21 profesionais das diferentes rexións do mundo nas que se divide o PMI e que traballan como guías para os líderes dos diferentes capítulos, axudándoos a desenvolver as súas capacidades de liderazgo e asegurar que cumpren coas políticas e directrices da organización.

Como sabemos, os estándares e prácticas da xestión de proxectos está continuamente evolucionando (non hai máis que ver a irrupción das metodoloxías áxiles, por exemplo). Precisamente disto se encarga o Standards Comitee, de actualizar e expandir a nosa “libraría” de prácticas aceptadas. Para saber máis sobre estas actividades, segue o link.

Outro grupo importante é o que axuda a crear, revisar e traducir as preguntas dos exames do PMI, o cal participa alomenos unha vez ao ano nun taller de revisión de criterios. Igualmente, existe unha rede de PMI Publication Reviewers que colaboran na revisión dos múltiples manuais e materiais divulgativos que se publican. Por esta razón existen variadas ofertas para estas tres iniciativas:

  • Knowledge Shelf -> Unha potente biblioteca de artigos profesionais para PMs á que os voluntarios contribúen coas súas revisións para dar o seu parecer no tocante á calidade e lexibilidade dos mesmos.
  • Revisión da libraría -> Os participantes revisan as publicacións de pago ou exames especiais que se ofrecen a terceiros na Store.
  • Project Management Journal -> A publicación mensual do PMI tamén pasa por unha revisión por parte dun equipo multidisciplinario e internacional que garantiza a calidade dos artigos seleccionados.

Por outra banda temos os voluntarios colaboradores nos PMI Awards, uns galardóns nos que se recoñece a labor de diversas organizacións que utilizan as técnicas da xestión de proxectos para acadar a excelencia profesional cada ano. Neste caso, os colaboradores encárganse de recibir e evaluar as diferentes propostas grazas ao seu criterio e experiencia.

E por último, pero non por elo menos importante, chegamos aos Chapter Volunteers, que supoñen o verdadeiro corazón dos capítulos. Por medio destas posicións, as organizacións locais poden manter e facer crecer a súa comunidade, organizando actividades para os socios. Estes colaboradores teñen a posibilidade de participar no día a día, aportando ideas que favorezan a activación da asociación e a posta en marcha de eventos e accións.


De feito, se estás interesada/interesado en saber máis sobre cómo involucrarte no noso capítulo do PMI en Galicia, aproveita e descubre as oportunidades que temos abertas actualmente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *